Acerca de min

A miña foto
Teño intención de escribir as miñas intereses persoais, especialmente en temas relacionados ca lectura.

domingo, 17 de maio de 2020

"A METAMORFOSE" DE FRANK KAFKA

Debido a unha tarefa a realizar para a miña clase de Literatura Universal tiven que ler A metamorfose de Frank Kafka. Aínda que a nivel léxico é fácil de entender, ten un transfondo incríbel do que me gustaría falar.

Primeiro, quero contextualizar ao autor dicindo que Frank Kafka naceu o 3 de xullo de 1.883 no Imperio Astrohúngaro, e viviu 40 anos case sempre en Praga, ata 1.924 cando morreu. A súa familia era xudía asquenazí e nesta época xa se comezaba cultivar o odio polos xudeos e o antisemitismo xa que foi pouco antes da II Guerra Mundial e el vivía en centro Europa.


Outras obras importantes deste autor serían O proceso. É un relato inconcluso pero describe como un par de funcionarios deteñen ao xerente bancario Josef K., limitándose a dicirlle que se encontra procesado. Despois de moita tortura psicolóxica e sen saber o seu crime, unha noite dous gardas veñen a buscalo. Sen dicirlle nada, o acompañan ata a periferia da cidade, onde terminan por executar a súa condea. Josef K. nos seus últimos momentos só desexa alixerar a misión e poñer fin ao proceso, asumindo de algún modo como certa unha culpa descoñecida. Outra obra destacada é O castelo, que tamén é un relato inconcluso que narra a historia do agrimensor K. no seu intento imposible de acceder a un castelo cuxos propietarios contratárono para realizar un traballo do que nin sequera sabe súa natureza. K. se aloxa no pobo veciño, á espera de poder contactar cos seus patrones, encontrándose nun microcosmos do que non entende as normas legais nin de comportamento. Por último tamén me parece moi interesante Na Colonia Penitenciaria, que é unha novela corta que fala dunha colonia penitenciaria sen nome, descríbese o último uso dun elaborado instrumento de tortura e execución que esculpe a sentenza do condenado na súa pel para logo deixalo morrer, todo isto no curso de 12 horas. Ao avanzar na trama, o lector aprende máis e máis sobre o instrumento, incluíndo na súa orixe e o propósito orixinal.


Agora falarei de que trata a obra que nos ocupa, A metamorfose. Divídese en tres partes, das que falarei independentemente. Na primeira, Gregorio Samsa, un 
comercial encargado de manter economicamente a toda súa familia, amence e pouco a pouco vai descubrindo súa transformación nun insecto. Pese á gravidade da situación, a primeira preocupación de Gregorio é xustificar seu estado no traballo. Un xerente decide ir buscalo a súa casa debido ao seu inusual retraso. O protagonista fai un gran esforzo por abrir a porta e, entón, súa familia percátase da súa nova forma, a dun enorme escaravello. 
Na segunda parte, ao principio, os familiares do protagonista non saben como facerlle frente á situación. Seu pai enfádase e o desprecia. Porén, súa irmá Grete, a cal sente gran cariño por Gregorio, apiádase de él e encárgase de alimentalo e cuidalo. Despois de limpar súa habitación durante un tempo, súa irmá comenza a repudialo. Noutra ocasión, súa nai desmaise ao velo. Entón, seu pai culpa ao escaravello do sucedido e lle lanza mazás para acribillalo, unha acaba por ferilo gravemente.
Na terceira parte, a economía familiar se ve ameazada debido ao estado de Gregorio. Entón, seus membros teñen que realizar algúns axustes: recortar os gastos do fogar, reducir a xornada laboral da criada e alugar unha das habitacións a novos inquilinos. A situación cos inquilinos xera conflictos na casa. Estes son moi exigentes coa limpieza e a familia intentará manter a Gregorio en secreto. Unha noite, Grete toca o violín para os inquilinos e Gregorio, a quen lle encanta súa música, decide ir ao salón. O insecto é descuberto polos inquilinos, quenes terminan abandonando a casa sin pagar súa estancia. Despois de este feito, a familia entende que a situación de Gregorio é insostenible. O protagonista tamén o cree así, de modo que decide encerrarse definitivamente na súa habitación sen alimentarse. Días máis tarde, a criada o encontra morto e non lle da maior importancia. A familia chora pero non moito, o sol volve a saír e recuperan parte da felicidade ao quitarse esa tensión, coma se fose unha liberación.


É unha obra interesante pola súa simboloxía e interpretacións, expresa como se sentía o autor, de apartado e illado. Tamén describe a situación dos xudíos nesa época. Nesta obra tamén se expresa sobre a autoritaria relación co seu pai e como lle lanza unha mazá, que é dende sempre un símbolo de pecado e discordia.

Persoalmente, paréceme unha obra marabillosa e alégrome moito de lela e estudala con certa profundidade xa que define moi ben como nos sentimos a veces. É moi impactante e consegue levar moi ben a mensaxe. Tamén me encanta ése punto desagradable que fai que sexa máis realista dentro da situación incríble e absurda. En definitiva, é unha das mellores obras que lín e creo que é moi recomendable case para calquera idade.

Esta paréceme unha cita interesante do autor:
"A partir de certo punto non hai retorno. Ese é o punto que hai que alcanzar."

E para rematar, un video explicativo da obra:



Enlaces: foto 1, 2 e 3.

Ningún comentario:

Publicar un comentario