Acerca de min

A miña foto
Teño intención de escribir as miñas intereses persoais, especialmente en temas relacionados ca lectura.

sábado, 6 de xuño de 2020

"AGARDANDO A GODOT" DE BECKETT

O autor desta obra é Samuel Barclay Beckett foi un dramaturgo, novelista, crítico e poeta irlandés, un dos máis importantes representantes do experimentalismo literario do século XX, dentro do modernismo.

Hai que ter en conta que a obra foi publicada en 1.952, é dicir, en plena postguerra da Segunda Guerra Mundial. Outro dato a destacar é o feito de que Godot ten unha certa similitude con God en inglés, que significa "Deus". Persoalmente, penso que tal vez as personaxes, que son moi pobres, cousa que representa á postguerra, tiñan a esperanza de que un Deus o un milagre os sacase desa situación de pobreza, polo tanto a época ten moito que ver co contido da obra, na miña opinión. O tema principal da obra é o feito de esperar, xa que Godot nunca chega a aparecer. Moitos críticos definiron a obra como que non pasa absolutamente nada.


-ACTO I-
Prodúcese un encontro entre os vagamundos Vladimir e Estragón á carón dun camiño, xa que quedaron cun suposto home chamado Godot que o público nunca chega a coñecer. Vladimir quítase o sombreiro e Estragón o zapato e os revisan buscando algo. Dialogan sobre a Biblia e sobre historias relacionadas con ladróns. Comentan que están esperando a Godot, falan sobre iso e da árbore que teñen ao seu carón. Despois están durmindo e Vladimir esperta a Estragón, conversan sobre distintos temas que nunca acaban de contar con suficiente detalle. Logo, Estragón queixase sobre o olor a allo de Vladimir, e máis tarde propón aforcarse xuntos pero finalmente non o fan.


Falan sobre Godot e o seu papel en todo o que está ocorrendo. Vladimir escoita ruídos e Estragón come unha zanoria porque ten fame. Falan sobre os gustos de cada un pola zanoria e enseguida cambian de tema porque chegan á conclusión que están atados a Godot. Oen un grito moi preto e Estragón solta a zanoria pero a recolle e a garda. Chegan a escea Pozzo, que podemos asumir que é un noble, cun látigo e cunha soga arredor do pescozo de Lucky, o seu escravo, que carga cunha maleta, un cesto, unha cadeira e un abrigo. Lucky cae, Vladimir e Estragón tratan de axudalo coa advertencia de Pozzo de que o servo é malo cos extraños. Falan e póñense de acordo de que Pozzo non é Godot. Pozzo dalle indicacións a Lucky de mala maneira e este acércalle un trozo de polo, outro de pan e unha botella de viño, os vagamundos falan sobre o maltrato de Lucky e o seu mal aspecto. Estragón pídelle os ósos do polo a Pozzo. Cando Pozzo estaba por retirarse, decide quedarse para seguer fumando pipa e pídelle a Lucky que lle volva a colocar a cadeira.
Vladimir síntese incómodo e quere marchar pero non o fai, entón seu compañeiro pregúntalle a Pozzo porque Lucky non solta a carga. Pozzo trata de evitar o tema, pero debido a insistencia, resposta. Lucky e Estragón choran pola resposta de Pozzo, pero cando trata de secarlle as bágoas a Lucky, el pégalle na perna e Estragón o insulta. Os tres falan sobre a mala atención de Lucky ao seu amo.
Mentres Pozzo fala sobre a súa pipa, os vagamundos falan da reunión con Pozzo. A conversación non ten sentido xa que Estragón rógalle a Pozzo sobre como se sinte. Observan o ceo e ao mesmo tempo Pozzo comeza o relato referido ao que están mirando. Pozzo pregúntalles se queren que Lucky baile, recite, pense ou cante, eles deciden que primeiro baile e despois pense, Lucky bailou e logo pensou cousas sen sentido, por suposto. Para que Lucky cale, Estragón quítalle o sombreiro e Lucky cae ao chan. Pozzo pídelles que o axuden a levantarse. Finalmente, Pozzo vaise con Lucky logo dunha larga despedida.Vladimir e Estragón quédanse sós e falan ata que aparece un mozo e lle piden que se acerque. O mozo dalles a mensaxe de que Godot non chegaría hoxe senón o día seguinte. Vladimir e Estragón lle fan unha serie de preguntas ao mozo e logo el se retira correndo. Anoitece de golpe, os dous contemplan a lúa e Estragón sácase os zapatos. Rememoran o día en que se coñeceron e tratan de acomodarse para unha noite de frío. O acto termina poñéndose de acordo en irse pero ningún dos dóus se move.


-ACTO II-
Vladimir entra á escea camiñando en distintas direccións, logo se inmoviliza frente a árbore e enseguida retoma a súa camiñata, despois quédase queto frente aos zapatos, toma un, o ule e deixao no seu sitio. Continúa paseando pola escea ata que se detén, pon as súas mans no peito e comeza a cantar. Cando cala, retoma o seu paseo en todas as direccións parándose xunto a árbore e os zapatos. Estragón entra, Vladimir sorpréndese de velo e quere bicalo pero Estragón négase. Logo comenzan a discutir como parella pero enseguida cambian de tema e cóntanse todo o que pasou mentras non estaban. Ambos están felices mentres que esperan a Godot con moita expectativa. Fan referencia sobre sí mesmos, que viven falando dunha cousa ou de outra e nunca cansan. Novamente, anuncian que están esperando a Godot. Falan sobre o pensamento, logo o mezclan con ver á natureza, pero finalmente olvídanse e queren volver a empezar pero non poden. Queren facer algo por estar contentos, entón dánse conta de que a árbore non é a mesma árbore que o día anterior, xa que agora ten follas e inician unha conversación de ese tema.
Vladimir trata de facerlle recordar sobre o que pasou o día anterior a Estragón, pero novamente el non recordaba. Estragón móstralle a ferida na perna pero non recorda porque foi. Dí que outra persoa cambiou seus zapatos polos outros e enseguida pídelle unha zanoria pero el dalle un rábano. Cambian de tema e volven a falar dos zapatos, Estragón os proba e dille que lle van ben pero son demasiados grandes e dan por concluída a charla. Estragón queda durmido pero ao instante despértase sobresaltado, cando se da conta Vladimir corre hacia el e o aperta. Enuncian outra vez que están esperando a Godot. Mentres Estragón despídese, Vladimir observa o sombreiro de Lucky e vai a buscalo. Intercambianse os tres sombreiros moi rápidamente. Comenzan a xogar. Estragón sae precipitadamente e volve anunciando que veñen pero non saben quen nin cantos. Vladimir pensa que é Godot. Estragón sae correndo novamente hacia outra dirección, cando volve dí que foi a un precipicio e que tamén veñen por alí. Vladimir, desesperado, propón esconderse detrás da árbore pero cando ve que non lles funciona deciden poñerse no camiño de costas. Ao ver que non pasaba nada volven a xogar con insultos e logo practican exercicios.
Cando se cansan, detéñense e falan sobre Deus. Entra a escea Pozzo e Lucky. Lucky solta todo, arrástrase e cae empurrando a Pozzo. Pozzo comeza a berrar "socorro" e os vagamundos pensan que é Godot pero danse conta que é soamente Pozzo. Estragón e Vladimir discuten se levantar a Pozzo ou non e dín para que están ahí mentres Pozzo segue pedindo axuda, ata que finalmente o tratan de levantar. Vladimir dí que a cambio de vinte pesetas, pero cae el tamén. Estragón anuncia súa partida pero antes axuda a Vladimir xa que tiñan a promesa de que marcharían xuntos. Estragón tamén cae ao chan ao intentar axudar a Vladimir. Estragón e Vladimir advírtenlle a Pozzo, entón el comeza a arrastrarse ata quedar sen forzas. Estragón e Vladimir pensan que Pozzo morrera, empezan chamándoo polo seu nome pero ao ver que non contesta, o chaman con outros nomes e ahí responde. Olvídanse de Pozzo por un momento e miran a unha nube. Propoñen levantarse e axudan a Pozzo con duda xa que estaban facendo outra cousa, esperando a Godot. Pozzo pregunta se son amigos ou bandoleiros e que hora é, non os recoñece porque quedou cego. Lle dín a Pozzo que é de noite, comenzan a falar sobre cando perdeu a vista. Pozzo pregunta polo seu criado pero non poden dicirlle con precisión onde está. Estragón e Vladimir desvíanse do tema e retoman anunciando que esperan a Godot. Os tres falan sobre o criado Lucky e Vladimir pregúntalle a Pozzo se recorda que se viran onte pero recebe unha resposta negativa. Vladimir sorpréndese do cambio en Pozzo e logo axudan a que Lucky se levante para irse. Antes de irse, pídenlle a Pozzo que Lucky cante, el responde que é mudo e marchan.
Estragón e Vladimir quédanse sós, entón Estragón quere contar seu soño pero Vladimir o interrompe pensando en voz alta sobre o que sucedeu con Pozzo e Lucky. Vladimir segue pensando en voz alta se todo o que vivían era só un sueño. Entra o mozo do día anterior e Vladimir planea outra vez facerlle unha serie de preguntas, grazas a iso, entérase de que Godot tampouco chegará ese día senón o seguinte. O mozo vaise rápidamente, ca mesma mensaxe para Godot que o día anterior. Estragón e Vladimir póñense de acordo para marchar. Comenzan a falar da árbore e novamente propoñen aforcarse, aínda que non teñen con que amarrarse. Propoñen que se non chega Godot ao día seguinte, aforcanse. Logo Vladimir revisa o sombreiro, coma antes, e pídelle a Estragón que suba os pantalóns. Finalmente, a obra termina poñéndose de acordo en irse pero ningún dos dóus se move.

Pese o absurdo da obra, a miña opinión, é que é unha obra moi boa xa que representa moi ben o pobre que era a xente nesa época e o perdida que se encontraba na vida despois de algo tan devastador. Aínda que non é fácil entendela, forma parte da súa gracia o feito de especular sobre a que se refería con cada metáfora ou buscar interpretacións de expertos.

A miña cita preferida desta obra é:

"As bágoas do mundo son inmutables. Por cada un que empeza a chorar, en outra parte hai outro que deixa de facelo."

Aquí deixo un video explicativo sobre unha interpretación da obra:



Enlaces: 

domingo, 17 de maio de 2020

"A METAMORFOSE" DE FRANK KAFKA

Debido a unha tarefa a realizar para a miña clase de Literatura Universal tiven que ler A metamorfose de Frank Kafka. Aínda que a nivel léxico é fácil de entender, ten un transfondo incríbel do que me gustaría falar.

Primeiro, quero contextualizar ao autor dicindo que Frank Kafka naceu o 3 de xullo de 1.883 no Imperio Astrohúngaro, e viviu 40 anos case sempre en Praga, ata 1.924 cando morreu. A súa familia era xudía asquenazí e nesta época xa se comezaba cultivar o odio polos xudeos e o antisemitismo xa que foi pouco antes da II Guerra Mundial e el vivía en centro Europa.


Outras obras importantes deste autor serían O proceso. É un relato inconcluso pero describe como un par de funcionarios deteñen ao xerente bancario Josef K., limitándose a dicirlle que se encontra procesado. Despois de moita tortura psicolóxica e sen saber o seu crime, unha noite dous gardas veñen a buscalo. Sen dicirlle nada, o acompañan ata a periferia da cidade, onde terminan por executar a súa condea. Josef K. nos seus últimos momentos só desexa alixerar a misión e poñer fin ao proceso, asumindo de algún modo como certa unha culpa descoñecida. Outra obra destacada é O castelo, que tamén é un relato inconcluso que narra a historia do agrimensor K. no seu intento imposible de acceder a un castelo cuxos propietarios contratárono para realizar un traballo do que nin sequera sabe súa natureza. K. se aloxa no pobo veciño, á espera de poder contactar cos seus patrones, encontrándose nun microcosmos do que non entende as normas legais nin de comportamento. Por último tamén me parece moi interesante Na Colonia Penitenciaria, que é unha novela corta que fala dunha colonia penitenciaria sen nome, descríbese o último uso dun elaborado instrumento de tortura e execución que esculpe a sentenza do condenado na súa pel para logo deixalo morrer, todo isto no curso de 12 horas. Ao avanzar na trama, o lector aprende máis e máis sobre o instrumento, incluíndo na súa orixe e o propósito orixinal.


Agora falarei de que trata a obra que nos ocupa, A metamorfose. Divídese en tres partes, das que falarei independentemente. Na primeira, Gregorio Samsa, un 
comercial encargado de manter economicamente a toda súa familia, amence e pouco a pouco vai descubrindo súa transformación nun insecto. Pese á gravidade da situación, a primeira preocupación de Gregorio é xustificar seu estado no traballo. Un xerente decide ir buscalo a súa casa debido ao seu inusual retraso. O protagonista fai un gran esforzo por abrir a porta e, entón, súa familia percátase da súa nova forma, a dun enorme escaravello. 
Na segunda parte, ao principio, os familiares do protagonista non saben como facerlle frente á situación. Seu pai enfádase e o desprecia. Porén, súa irmá Grete, a cal sente gran cariño por Gregorio, apiádase de él e encárgase de alimentalo e cuidalo. Despois de limpar súa habitación durante un tempo, súa irmá comenza a repudialo. Noutra ocasión, súa nai desmaise ao velo. Entón, seu pai culpa ao escaravello do sucedido e lle lanza mazás para acribillalo, unha acaba por ferilo gravemente.
Na terceira parte, a economía familiar se ve ameazada debido ao estado de Gregorio. Entón, seus membros teñen que realizar algúns axustes: recortar os gastos do fogar, reducir a xornada laboral da criada e alugar unha das habitacións a novos inquilinos. A situación cos inquilinos xera conflictos na casa. Estes son moi exigentes coa limpieza e a familia intentará manter a Gregorio en secreto. Unha noite, Grete toca o violín para os inquilinos e Gregorio, a quen lle encanta súa música, decide ir ao salón. O insecto é descuberto polos inquilinos, quenes terminan abandonando a casa sin pagar súa estancia. Despois de este feito, a familia entende que a situación de Gregorio é insostenible. O protagonista tamén o cree así, de modo que decide encerrarse definitivamente na súa habitación sen alimentarse. Días máis tarde, a criada o encontra morto e non lle da maior importancia. A familia chora pero non moito, o sol volve a saír e recuperan parte da felicidade ao quitarse esa tensión, coma se fose unha liberación.


É unha obra interesante pola súa simboloxía e interpretacións, expresa como se sentía o autor, de apartado e illado. Tamén describe a situación dos xudíos nesa época. Nesta obra tamén se expresa sobre a autoritaria relación co seu pai e como lle lanza unha mazá, que é dende sempre un símbolo de pecado e discordia.

Persoalmente, paréceme unha obra marabillosa e alégrome moito de lela e estudala con certa profundidade xa que define moi ben como nos sentimos a veces. É moi impactante e consegue levar moi ben a mensaxe. Tamén me encanta ése punto desagradable que fai que sexa máis realista dentro da situación incríble e absurda. En definitiva, é unha das mellores obras que lín e creo que é moi recomendable case para calquera idade.

Esta paréceme unha cita interesante do autor:
"A partir de certo punto non hai retorno. Ese é o punto que hai que alcanzar."

E para rematar, un video explicativo da obra:



Enlaces: foto 1, 2 e 3.

venres, 24 de abril de 2020

SER ALUMNA HOXE

Eu creo que o feito de ser bo alumno non é algo sinxelo de definir porque hai que ter moitas actitudes de distinto tipo, así que os ingredientes non van ser fáciles de conseguir.
Ingredientes:
- 2 vasos de constancia
- 4 cucharadas de paciencia mesturadas previamente con saber escoitar
- ½ cunca de ganas de facer
- 5 de vasos de responsabilidade
Preparación:
Os ingredientes non van sempre na mesma orde pero é bastante intuitivo.


E como dixo o sabio Mahatma Gandhi
“Vive coma se foses morrer mañá e aprende coma se foses vivir sempre.”



Ligazóns:
Un interesante artigo
Ligazón da frase
Ligazón da foto